C.I.M.
Centro
Social de Melide .
Rúa Principal , 44
Tlf./ Fax:
981 50 57 06
HORARIO
Directora: de luna a venres de 9:00 - 15:00 h
Psicologa: martes de 16:00 - 18:00 h
e xoves de 10:00-14:00H
Asesora xurídica: martes de 10:00 - 14:00 h
e xoves: 15:00 - 17:00 h
|
|
¿QUE
É O C.I.M. ?
O C.I.M.(Centro de Información á Muller
) é un servicio público e gratuíto,
a disposición de tódalas mulleres para
axudarlles nos problemas e inquedanzas que teñan.
Ofréceo o Concello de Melide para toda a comarca,
en colaboración coa Consellería de Familia
e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Está constituído por tres profesionais:
auxiliar , psicóloga e avogada .
¿ QUE FAI ?
1.Informar e orientar sobre :
Ø Cursos, conferencias, encontros, xornadas,
seminarios, congresos e actividades que interesen ás
mulleres en xeral .
Ø Creación de asociacións(de mulleres
rurais, empresarias..), apoio ás que existen,
subvencións a elas, coordinación entre
elas,
Ø Oposicións, estudios, bolsas de emprego
,
Ø Actividades de tempo libre .
Ø Ofertas e demandas de emprego público
e privado.
Ø Subvencións para crear e mellorar empresas
creadas por mulleres.
Ø Recursos e servicios sociais.
Ø Casas de acollida, centros de planificación
familiar, familias acolledoras,
Ø Programas para mulleres desfavorecidas.
Ø Actuacións doutros organismos.
2.Orientar e asesorar psicoloxicamente en :
Ø Problemas familiares
Ø Malos tratos
Ø Abandono de fogar , infidelidade
Ø Mediación familiar
Ø Intervención psicolóxica en agresións,
abusos sexuais, acoso sexual ,
Ø Interrupción do embarazo , adopcións
Ø Toxicomanías:alcoholismo, drogadicción,
ludopatía
.
Ø Adestramento en entrevista de traballo.
3.Asesoramento e apoio xurídico-legal en supostos
tales como :
Ø Os trámites de procedemento de Xustiza
gratuíta para conseguir avogado e procurador
de oficio.
Ø Ameazas, agresións de diferente índole
e a súa denuncia.
Ø Separación matrimonial: o convenio regulador,
vivenda conxugal, bens adquiridos durante o matrimonio,
contribución ás cargas familiares ,
Ø Sentencias incumpridas: impago das pensións
alimenticias ós fillos,
.
Ø Dereitos das traballadoras, baixas laborais,
protección da maternidade e paternidade .....
¿QUEN PODE ACUDIR Ó C.I.M?
Tódalas persoas que o desexen , que necesiten
información, orientación e asesoramento
|
|