- XANEIRO: Festas de Nadal. Cabalgata de Reis.
|
- FEBREIRO-MARZO: Carnaval, con desfile de comparsas e concurso de disfraces.
|
- MARZO-ABRIL: Semana Santa. Procesións.
|
- XUÑO: Na última semana de xuño ten lugar a Festa de Mostras de Galicia, que inclúe : Festa do Melindre, Festa da Terneira Galega e a Festa do Cabalo. O día 29 é San Pedro, festa en honor ao patrón de Melide.
|
- XULLO: Do 16 ao 17 Festa do Carme, con concertos y outras actividades.No mes de xullo tamén teñen lugar os actos relacionados coa Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago e as Xornadas Gastronomicas do Camiño de Santiago.
|
- AGOSTO: Do 15 ao 20 de agosto Festa do San Roque. Son as festas máis importantes da vila, con concertos e actividades múltiples: Día do Neno, Día do Emigrante, Día do Río, Percorrido Musical polas Rúas de Melide (o día 20), etc. Durante todo o mes de agosto celébrase o Campinato de Futbol-sala, que organiza o Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Melide.
|
- SETEMBRO: O segundo domingo de setembro celébrase a Festa de San Caralampio, festa onde o viño xoga un protagonismo especial.
|
- NOVEMBRO: Semana da Música e Festival de Corais (organiza a Coral Polifónica de Melide).
|
- DECEMBRO: Concerto do Nadal a cargo de la Orquestra Sinfónica de Melide e Concerto de Panxoliñas.
|