Para falar do turismo de Melide e a súa Comarca, é neceasario facelo do Camiño de Santiago, pois a partir da rehabilitación desta Rota Cultural da Humanidade é cando a actividade turística adquire maior auxe, ao cal hai que engadir o sempre elevado número de emigrantes que acoden á bisbarra a pasar as súas vacacións, convertendo Melide nos períodos veraniegos nun auténtico fervedoiro de xentes vidas de todas partes, dándolle á vila un aire cosmopolita.
Pero Melide e a súa Comarca teñen moitísimas máis cousas que ofertar que o Camiño. Vir a Terra de Melide é vir a un pequeno paraíso: amplas paisaxes verdosas, ríos de augas transparentes, rotas de sendeirismo entre unha natureza impresionante e viva, un pasado rico en historia, conventos, igrexas, pazos, museos, etc. Os melidenses son xente afable, tranquila, hospitalaria, que ano tras ano conserva as súas tradicións populares, as súas festas relixiosas ou pagás, e, sobre todo, gastronómicas.
Conta o municipio cunha infraestructura hoteleira e de restauración variada: restaurantes, hostais, bodegóns, tradicionais polberías..., etc, pueden encontarse nas súas rúas. Melide oferta máis de 100 habitacións, unha casa de turismo rural, na comarca hai 13, un campamento xuvenil no río Furelos cunha capacidade de 100 prazas. Tamén hai un albergue para pergrinos de gran capacidade.
Son múltiples as actividades que poden desenvolverse na vila de Melide e a súa comarca, terra de gran riqueza paisaxística e cultural- monumental.
Turismo cultural-monumental
O Camiño de Santiago conta ao seu paso polo Concello de Melide cunha importante riqueza monumental, sobre todo arquitectura medieval religiosa (ver páxina principal).
Pero tamén achamos interesantes monumentos pertencentes á arquitectura civil: os pazos. Os señores dos pazos souberon crear con eles beleza. Os pazos do Concello de Melide, como os de toda Galicia, son un exemplo da representación arquitectónica da paisaxe. Ademais de servir de residencia para os señores e clases sociais acomodadas, os pazos son tamén un dos seus símbolos de poder. O pazo da Obra Pía, no núcleo urbano de Melide, no cal actualmente está situado o Concello, de estilo barroco, foi mandado construír polo arcebispo de orixe melidá D. Mateo Segade Bugueiro. Actualmente só se conserva a fachada orixinal. O pazo de Figueiras, na parroquia de Folladela, está situado na falda do coto do Pilar, no monte do Bocelo, foi construído en varias datas; a capela data do ano 1 777. O pazo de Tarrio, na parroquia de Xubial, construído no século XVII, foi refeito case todo no século XVIII; a portada, adornada con dúas grandes columnas de manpostería, dá entrada ao corral, de onde sae unha escaleira que termina nun corredor de pedra sostido por arcos e columnas; Dentro da casa hai grandes salas, alcobas e capela. Outros dous pazos interesantes son os de Liñares e Vilar de Ferrreiros, ambos os dous pertencentes ao Concello de Santiso, que, xuntamente cos anteriores, representan o mellaor patrimonio pacego da Comarca. O pazo de Vilar de Ferreiros, do século XVIII, ten torre, balaustrada na solaina, patín, unha orixinal fonte no patio, capela no exterior e no medio do terreo un pombal. Probablemente se trate do pazo máis fermoso de todos.
Melide tamén ten unha gran oferta cultural desenvolvida principalmente arredor das distintas asociacións culturais melidenses, do Museo Terra de Melide e da Casa da Cultura, esta última sede do Conservatorio, da Banda Municipal de Melide e da Orquestra Sinfónica de Melide , sen dúbida unha das mellores de Galicia. A Coral Polifónica de Melide, con experiencia internacional, é outro dos elementos dinamizadores da vida musical melidá, que organiza ano tras anos a Semana da Música . Dentro da comarca salientar tamén a Banda de Visantoña, do Concello de Santiso, de gran tradición musical. En Melide hai destacadas agupacións de baile e de música tradicional galega: Froito Novo, a máis antiga de todas, que inicia a súa andaina polos anos setenta, acadando moi axiña prestixio internacional, O Castelo, da Asociación de Amas de Casa, no Concello de Toques desenvolve a súa actividade folklórica a agrupación O Castro.
O Museo Terra de Melide conta actualmente cun edificio moderno, construído sobre o Antigo Hospital de Peregrinos de Sancti Spiritus. Trátase dun museo etnográfico e arqueolóxico de Terra de Melide, con interesantes pezas que van desde o Neolítico ata o século XX. En torno ao museo móvese unha interesante actividade cultural, de estudio de todo o que sexa melidense, para o cal conta cun boletín divulgativo: Boletín do Centro de Estudos Melidenses.
A Biblioteca Pública de Melide comeza a funcionar no ano 1977. Actualmente conta con preto de 15 000 volumes e uns 3 000 socios habituais. Entre as súas actividades, están: organización de seminarios, concursos literarios e de artes plásticas, cursos de Lingua Galega, campionatos de xadrez, teatro, pintura, etc.
Turismo de ocio e natureza
O principal espacio de ocio é a área recreativa-deportiva do río Furelos, que conta cunha magnifica praia fluvial, na cal se realizan actividades deportivas relacionadas co verán. No Concello de Santiso está o encoro de Portodemouros, ideal para todo tipo de deporte fluvial.
A Comarca Terra de Melide conta con varias rotas de sendeirismo organizadas, como o sendeiro de San Antoniño de Toques, que discorre por unha zona de frondosa vexetación, pasando por una igrexa prerrománica, xoia da arte galaica. Outra rota moi interesante é o sendeiro dos Megalitos, que percorre a serra do Bocelo, onde se encontra un conxunto de xigatentescas pedras e un dolmen (Forno dos Mouros). O seu percorrido termina na espectacular fervenza do río Salgueiras, coñecida como As Fervenzas. No Concello de Melide abríronse no ano 2 000 dúas rotas de sendeirismo, a do Sendeiro circular do Barreiro e a de Catasol.
Turismo gastronómico
Un dos aspectos a destacar de Melide é a súa oferta gastronómica. Entre os productos tipicos de Melide está o melindre, elaborado cos ingredintes máis naturais: fariña de trigo, ovos, manteiga e un finísimo baño de azucre. A tradición melindreira, que se mantén xeración tras xeración, remóntase a principios do século XX. Outros productos representativos da artesanía tradicional melidense son o amendoado, elaborado con ovo, azucre, amendoa moída e oblea, o rico, que como o seu nome indica é un exquisito doce que non debe esquecerse atopándose un en Melide, o queixo de montaña, de enorme tradición na comarca e o mel.
Na última semana do mes de xuño celébrase a Feira de Mostras do Centro de Galicia, que inclúe: Festa do Melidre, Tenreira Galega e Festa do Cabalo, e no mes de xullo teñen lugar as Xornadas Gastronómicas do Camiño de Santiago.